9 de marzo de 2014

Presentación "A Porta de Annwn" de Xosé Duncan, en A Coruña (07/03/14)

Hoxe habemos ver unha entrada especial, pois este é un momento sen precedentes: KindleGarten saiu á rúa! Por vez primeira neste ano de vida, saio do Tobo para acoder á presentación dun libro polo que levaba meses a agardar con ansia: "As Crónicas de Bran vol.II: A Porta de Annwn" da editorial Contos Estraños. Estivemos a falar un anaco con seu autor e os seus editores, e acadamos unha boa morea de datos sobre o que vai ocorrer nesta segunda parte, e agora xa de volta na Gorida de KindleGarten, vou volo contar todo. Imos logo:

En primeiro lugar, coma debe de ser, vexamos a cuberta:


Obra de José María Picón, que xa se encargou da cuberta da primeira parte "A revolta dos mestres", a cal ven de ser escollida segunda mellor portada do 2013 nos Premios Fervenzas literarias na categoría infantil/xuvenil. 

E que a maquetación é dunha calidade máis que salientable, e tanto os aspectos artísticos como os técnicos están coidados abondo.


 [premede nas fotos para amplialas]


A presentación contou con Xosé Duncan, o autor, con José María Picón, o devandito portadista, e con Fernando Cimadevila, o editor. Non poidemos contar coa presencia do ilustrador José Ángel Ares, cuxo traballo xa coñecemos de "Galiza Mutante, Poder Nuclear!", pero velaquí unha escolma do seu arte:

[fonte: Perfil de FB de "As Crónicas de Bran"]

Non é doado contar o que Duncan adiantou nesta presentación sen vos desvelar datos importantes da primeira parte de saga a aqueles que non a teñades lido, así que tentarei non caer moito no spoiler, farei canto poda:

O primeiro que cabe salientar é que a extensión e maior que a do primeiro volume, o cal ven dado, entre outros factores, porque inclúe, ao final, a novela curta "A nena de prata", que está vencellada cos relatos "O ollo do corvo" e "Os últimos de Landeiras", que foron publicadas respectivamente nos números 0 e 2 da revista trimestral "Contos Estraños" e que, en conxunto, explicarán a viaxe de ida e volta de Bran entre o seu mundo e o noso, e a relación que existe entre eles. 

Compre dicir que este volume será moito máis escuro que o anterior, indo alén da clásica fantasía heróica na que o protagonista, aínda sendo un raparigo, fai a xa coñecida "Viaxe do heroe" e é quen de sair de canta ameaza se lle presenta. Así pois, os desafogos cómicos que houbo en "A revolta dos mestres", coma os trolls zoupóns, non han estar presentes. 

Todo listo: Só faltan os poñentes

Sí que se ha manter o compoñente Steam-Punk que introduciron os zeppelines que posuían os nigromantes da primeira entrega, nesta ocasión da man dun ameazante barco mecánico (que podedes ver na imaxe de arriba, e xustiño a ilustración do centro), inspirado polos famosos Steamboats do río Misisipi, do que falaremos despóis.

Nesta novela non hai tempo de transición coa anterior, senón que os feitos escomezan xusto cando rematan os contados naquela. Repetirán moitos personaxes, coma a Mestra Curuxa, Môrrigan, Eidlyn (que terá un papel ben diferente desta volta), Nash e máis o Dragón Vermello, o Mestre Reloxeiro e mesmo a Consorte, coa cal xa non contabamos. 

Teremos tamén personaxes novos, como Patrick, que será un adlátere de Môrrigan; a guerreira Nimue, "O demo", do cal so vos direi que non é o noso Demo cristián, ou O Navegante.

Síntovos o a luz do medio, estragoume as fotos todas. 
Unha característica desta saga é o seu vencello coa mitoloxía celta (a acción transcorrerá en parte na Caledonia), e nesta liña Duncan incorpora o concepto de "A Porta de Annwn" (léase "Annun"). Annwn era, para os antigos galeses, o máis semellante ao noso alén, un lugar que poderiamos ver coma o purgatorio cristián, alá onde os mortos chegan carretando con todo o que traen pendente da súa vida e onde agardan polo seu pasamento á eternidade. O personaxe do Navegante terá un papel semellante ao do Caronte grego, encargándose de que aqueles que cheguen á porta de Annwn e estean no momento de entrar, cheguen ao seu destino, en tanto aqueles a quen non lles teña chegado o seu tempo, non podan acceder. 

Compre dicir que nesta entrega, na cal o Mar e a navegación estarán no centro da narración, cadaquén seguirá a súa odisea persoal, segundo os seus intereses:

- Por unha banda, Bran tentando saber porqué se convertiu en corvo, e se pode voltar á súa forma orixinal.
- Môrrigan, na súa propia busca.
- O Mestre Reloxeiro, que no remate de "A revolta dos mestres" tiña achado a Cronos na profundidade da montaña sagrada, dará o puntiño Steam-Punk (Cronos terá moito que ver co barco mecánico do que falamos máis arriba) e procurará a catarata da fin do mundo.
- E Nash, que non está nin moito menos esquecido, estreitará (e cómo!) a súa relación co Dragón Vermello. 

José María Picón explica os detalles da portada do libro

Dicir tamén que toda a obra estará ateigada de simboloxía e de ligazóns coa mitoloxía celta, xa comenzando pola portada. Profundizaráse tamén na orixe da Terra de Alba, na aparición dos primeiros homes, no nacemento da estirpe dos Forxadores e na historia das sacerdotisas de Hermes, o que ha explicar tamén as figuras do Gran Forxador (da cal lembremos Bran e Nash disputábanse a herdanza) e da Consorte. 

Non faltaron anécdotas nin brincadeiras, co cal a presentación resultou divertida abondo, e soubemos así que o devandito espello, que tan importante é na historia, é un espello de Ikea:

[fonte] 29.99€. Paga a pena que vaiades o Venres, xantades por 7,95€ coa
Ikea Family e volo descontan despóis do prezo do espello. 

Para rematar, anunciar que na terceira semana de Marzo xa ha estar á venda, por só 16 euros, que xa ten ISBN (978-84-940935-8-6) e que poderédelo atopar nas mellores librarías de Galiza, coma Suévia. Eu voltei para a casa co meu exemplar asinado, e xa cedo me poño con él. De seguro que hei facer a recensión non moi lonxe.

Xosé Duncan asina o exemplar de KindleGarten

En resumo, unha experiencia magnífica, unha sorte e un pracer ter ido a esta presentación, partillar opinións coa xente de Contos Estraños, coñecer a Vanesa Santiago (autora de "Ninguén Lembra") e aburrir un pouco aos presentes coas miñas disertacións, pero é que xa non son moito de andar polos locais (por certo un bo lugar o Passepartout Beerhouse) e teño pouco tema de conversa. 

O culpábel de KindleGarten fala e fala e fala e fala ante a sofrida concorrencia que o atura
cunha paciencia e unha educación infinitas. Nótese a discreta camisola. [fonte]
Se queredes moita máis información, datas de presentación na vosa vila e fotos ben boas pasade polo perfil oficial de Facebook de "As Crónicas de Bran", polo de Contos Estraños, pola páxina en FB de José Ángel Ares, ou polo Twitter do autor: @XoseDuncan. E lembrade que tendes a recensión de "A revolta dos mestres" aquí en KindleGarten, en galego e máis en castelán. Agardo que gostedes do libro. Lémonos!
Compártelo:

6 comentarios:

  1. Tiene buena pinta, pero ahora mismo no nos apetece leer sagas. Y sí, la portada es genial.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Yo estoy deseando comenzarlo. Ahora que os entiendo, yo en ocasiones tampoco empiezo sagas por miedo a engancharme. Ahora estoy leyendo "Añoranzas y pesares" y estoy perdido, ya tengo que acabármela.

      Eliminar
  2. Ola! Foi un pracer coincidir o outro día na presentación, e nesta crónica que fas dela non che falta nin unha coma! Por certo, que saibas que me levo o teu libro ;)
    Vanesa

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola! Abofé que o foi para min tamén, Agora xa cedo comezo co libro de Duncan e hei contar eiquí as miñas impresións. Obrigadísimo por levares o meu libriño, agardo que che guste, alomenos non é moi longo :) a ver se fago o propio e me leo o teu "Ninguén lembra".

      Apertas!

      Eliminar
  3. ¡Qué malvado eres...! ¿Y la versión castellana de tu texto?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. No te falta razón, Elwin. En un par de días lo subiré, y la reseña prometido que estará disponible simultáneamente en ambos idiomas.

      Eliminar

Y tú, ¿Qué opinas?

SUSCRIBIRSE POR CORREO

Recibe las actualizaciones en tu e-mail

Archivo

Seguir en las redes